domingo, 7 de febrero de 2016

Reflexión dos recursos

Despois de consultar todos os recursos facilitados pola profesora, pertencentes ao noso proxecto que é a realización de recursos educativos audiovisuais, a primeira impresión que tiven sobre eles foi moi boa xa que se nos presentaban multitude de recursos como son a elaboración de videos educativos, cómo transformar estes videos en interactivos engadíndolles explicacións, actividades, test etc. Ademais temos páxinas moi interesantes donde podemos acceder a videos, xogos, cuestionarios, puzles e máis cousas sobre diversos temas relacionados coas materias correspondentes de educación primaria. Todo coa vantaxe de que xa foron realizados e están a nosa disposición para utilizar na nosa aula. 

Tamén se nos mostraban a relación que ten a televisión coa educación, propondo a creación dun telenoticiario escolar, dun canal de televisión escolar ou ben presentando os debuxos animados como recursos de transmisión de valores educativos e culturais. 

Por iso despois de analizar estes recursos a idea que me transmitiron é a importancia da súa utilización nas aulas de todo o mundo para poder levar a cabo unha ensinanza máis didactica, interactiva e participativa para o alumnado. Desta forma e grazas aos recursos audiovisuais podemos complementar as nosas explicacións teóricas, que algunhas veces causan aburrimento e a non atención por parte do alumnado, con videos, imaxes, xogos e demais que farán que o alumando mostre o seu interés polo tema que se está a dar.

 Quero destacar a importancia que ten a formación de futuros docentes neste ámbito dado que vivimos cada vez máis nun mundo completamente informatizado e coa súa preparación no relativo ao mundo audiovisual poderán nun futuro e nas súas clases por en práctica o aprendido. Desta forma tamén se estará dando unha transición que vai dende os antigos profesores e profesoras que aínda seguen impartindo docencia e que non utilizan os recursos expostos anteriormente a unha nova xeración de docentes ben asentados nesta sociedade tecnolóxica actual.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Drippy Pointer